Tuesday 14 de May de 2024

41 estudantes do colexio O Grupo devolven a visita ao alumnado de Santa María da Feira


Logo de recibir fai un mes a 28 nenos e nenas procedentes da localidade portuguesa de Santa María da Feira no marco dun programa de educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, un total de 41 estudantes de 5º de Primaria do CEIP O Grupo devolveron esta visita viaxando ata a citada poboación lusa.

No transcurso deste intercambio, de dous días de duración e que concluirá esta tarde, foron recibidos pola concelleira de Educación de Santa María da Feira, Cristina Tenreiro. Alí estiveron tamén, entre outros, a xefa de Estudos do centro riveirense, Nieves Lampón, e a responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística Alicia Padín.